30.3.08

Cando os cantantes se mollaban co Tibet




Björk, Smashing Pumpkins, U2, Rem e moitos máis. Antes do verán, antes dos xogos de Pekín: haberá algunha iniciativa así como a dos Concertos por un Tibet Libre?

Novas de Gaspar

EMBAIXADA DO MAR


Blogged with the Flock Browser

Novas eleccións

Agora votamos algo máis serio que o 9 de marzo. As normas, aquí.
98 títulos nesta ocasión, todo un récord de participación. Hai ocorrencias para todos os gustos. Os máis sensibles dirán que son animaladas, os máis curtidos, que non se da o nivel. Pero entre 98, seguro que lle gusta un polo menos. Ou dous. Nas pasadas eleccións do 9 de marzo apenas se podía escoller entre 10, e ningún era bo abondo. Así que non se queixen...
Para ver a lista de títulos e comezar a votar xa nos comentarios: aquí

Castro de Baroña

Inserido Video

Blogged with the Flock Browser

O cura de Fruíme



Ai do allo, ai do allo,ai do allo, ai da cebola,ai do allo, ai do allo,nunca che eu do allo fora.
Visualizar obra

Morreu tal día coma hoxe, 30 de marzo, pero en 1777. Biografía na Biblioteca Virtual Galega.

A nós gústanos moito esta poesía, que lle acaería ben aínda hoxe a calquera turista madrileño e a moitos emigrantes alí

A D. Manuel de Arcos, natural de Galicia y vecino de Madrid

Se pudera darche os tranchos
que eu sin dentes mamo acá,
meu Arcos, ben craro está
que che virían moi anchos.
Por alá componse os panchos
de menestra, ensaladiña,
sorbetes e garapiña;
mais eu, posto en donde estou,
por canto hai alá non dou
o rabo dunha sardiña.



Blogged with the Flock Browser

Non somos ninguén

Tampouco na prensa histórica. Moi boa a iniciativa da Biblioteca Virtual de Prensa Histórica, pero puxémonos a buscar algo sobre a comarca, ou arredores e nada. De 12 títulos, anoten: case todos de Lugo -incluso Mondoñedo-, apenas de Ourense, e só La Voz de Galicia en Coruña. Poden ollalo vostedes mesmos aquí.

Lemos en "A Voz do Pobo" (do Partido Comunista de Galicia) do ano 1969 que houbo inundacións en toda Galicia. E reclaman (en castelán) liberdade para a lingua e cultura galegas.
Parece mentira que pasaran 40 anos.
O exemplar de La Voz de Galicia está tomado da Biblioteca de Córdoba (???) e é de 1940. O logotipo das frechas das Jons e unha nova sobre actividades no Juan Canalejo indícanos ben en que época estamos. E Juan Canalejo segue a chamarse o máis famoso hospital coruñés.
Parece mentira que pasaran 70 anos.

Sobre Barbanza: seguiremos esculcando.

Deluxe: "Reconstrucción"

Deluxe, de gira con "Reconstrucción"
30 de Marzo de 2008

Deluxe



Con su nuevo trabajo titulado "Reconstrucción" en la calle, el coruñés Xoel López inicia una amplia gira patrocinada por una marca de cervezas y en la que tendrá como acompañantes a Elodio y Los Seres Queridos y a Chema Rey como Dj invitado.
3 de Abril - Valencia, Heineken Greenspace
4 de Abril - Alicante, Nave 8
5 de Abril - Málaga, Sala Vivero
10 de Abril - Donosti, Rock Star
11 de Abril - Bergara (Guipúzcoa), Sala Jam
12 de Abril - Bilbao, Santana 27
17 de Abril - Toledo, Círculo de Arte
18 de Abril - Monzón (Huesca), Tremendo Pop Festival
19 de Abril - Durango (Vizcaya), Plateruena
25 de Abril - Santiago de Compostela, Sala Capitol
20 de Mayo - Barcelona, Sala Bikini
Discos y Conciertos: Deluxe, de gira con "Reconstrucción"


Por cuestións de economía, haberá que ir ao do 25 de abril.
Blogged with the Flock Browser

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical