23.9.09

Boiro: tu querías que te dejara de quererrrr

Que non pare a festa! E menos o baile!
No San Ramón de Bealo

Cinema: e pensar que Chita aínda vive!

Escea censurada dunha das películas de Tarzán rodada en 1934. A nadadora non era a auténtica "Jane", senón unha atleta olímpica.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: palmeira enriba de árbore

Unha curiosa imaxe vía http://rafaelgarciaguerrero.blogspot.com

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Poesía e novas tecnoloxías: made in Galicia

Cando, en culturagalega.org, para facer esta reportaxe sobre a antoloxía poética 120 anos de poesía na Costa da Morte publicada por Neria, lle pedimos aos seus editores Modesto Fraga e a Miro Villar que nos enviaran algúns dos poemas para distribuilos canda o texto, os editores enviáronnos por e-mail o libro enteiro. Foi abrilo, miralo cun pouco de calma e vírsenos a inspiración. Se esa era a poesía dunha terra concreta, a Costa da Morte, ¿por que non amosar os poemas no seu contexto? ¿Por que non aproveitar as posibilidades de Google Earth para que os lectores puideran entender máis doadamente os textos dos poetas, na súa localización real? Así o fixemos. Etiquetamos todos os poemas con referencias xeográficas concretas que había na antoloxía, tanto explícitas como implícitas (hai un fermoso poema de María Lado que alude ao naufraxio do Casón, e buscamos o lugar do naufraxio), marcándoos no lugar exacto da Costa da Morte á que se referían.

O resultado é unha versión da antoloxía creada especificamente para Google Earth, que debe ser dos primeiros libros de poemas (cando menos eu non coñezo ningún, pero agradezo información) que se adaptan para un Sistema de Información Xeográfica. O resultado mola, mola moito. E non me digan que non é unha idea ben chula para seguir traballando con ela e vincular literatura e territorio. Farémolo.

Aquí podes descargar o ficheiro para Google Earth.

-->

Veña, o camiño está aberto! Agardamos poetas de Noia e Barbanza pendurados do Google Earth! (Eles non, os seus poemas, non nos poñamos narcisistas)

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: os tentáculos de Olláparo

Unha nova galería en Flickr do colectivo fotográfico Olláparo de Boiro. Menudos alumnos! Vaia cores!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Galicia: os ovnis chegan agora por Ribadeo

Ten pinta de vir de Asturias... Ai, que vellos tempos cando -Cando!- entraban polas Rías Baixas (http://es.wikipedia.org/wiki/Evento_de_Cando). Isto dos ovnis hai que controlalo máis, igual que ao golfiño Gaspar: se non teñen un roteiro cultural fixo non hai quen os explote para o turismo!

Ríos de tinta e terabytes de información virán con este vídeo, xa verán. Lástima que non o fixesen en agosto, cando os xefes dos xornais están de vacacións e estas historias -informais pero aparentes- chegan a portada e atraen a Iker Jiménez, Manolo Platas, Manuel Carballal e tipos serios semellantes...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Receita do día: churrasco de pitón

Primeiro hai que cazala amiguiños! Recoméndase ir por elas -o documental foi rodado en Camerún- con colegas que non saian correndo á primeira de cambio. Ou o papado es ti...
Via http://blogueiros.axena.org

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Portugal: publicidade electoral orixinal

Hoxe din os medios que a candidata conservadora -a que dixo que se gañaba ía deixar de lado as conexións de alta velocidade con Galicia- perde enteiros por un caso de escoitas que non era tal. Tanto nos parecemos os dous países que ata nos copiamos estas cousiñas?
Conchichina en castelán é Cochinchina. Un sitio, como reza este cartel, "ben lonxe de aquí"

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Cogomelos: saúde por comelos?

Iso se demostra neste libro que será presentado no Ateneo Valle-Inclán.

Máis información: Asociación Micolóxica Refungando en http://refungando.blogspot.com

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: Miguel de Lira en Sálvora

Está a rodar "Mar libre", unha serie para a televisión na que participan moitos extras da zona de Barbanza e Noia.

Foto: Lijó

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: estaba nublado? Si, pero de escuma!

Outra entrada impresionante de Fotos de Rianxo sobre as Festas da Guadalupe!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical