1.3.10

Noia: Portos de Galicia, en contra da demolición dos coídos (escollera), pois di que faría desaparecer o porto de Noia


A supresión destes coídos, di Portos de Galicia, "produciría que as aportacións dos ríos colmatasen todo o estuario eliminándose deste xeito a posibilidade de acceder a un dos portos históricos de Galicia"

Esta escolleira forma parte das instalacións transferidas ao organismo portuario no ano 1982 e polo tanto Costas do Estado non ten competencias sobre ela, afirma Portos de Galicia.

Noia, 1 de marzo de 2010.- Portos de Galicia considera que o proxecto de demolición dos coídos da canle de acceso ao porto de Noia, que plantexa o Ministerio de Medio Ambiente a través de Costas do Estado, non beneficiará ao porto, senón que incluso o faría desaparecer.

O organismo portuario sinala que esta actuación non permitirá recuperar zonas ata o momento improdutivas e ademais convertería aquela superficie nunha marisma. Portos de Galicia considera que unha rexeneración integral da ría sería a opción mais axeitada, é dicir, a limpeza de fangos e o saneamento da ría, xa que logo, a supresión da devandita escollera produciría que as aportacións dos ríos colmatasen todo o estuario eliminándose deste xeito  a posibilidade de acceder a un dos portos históricos de Galicia.


Peirao de Noia en 1925. Fotos da estadounidense Ruth Anderson

Portos de Galicia considera que a desaparición destas instalacións privaría á vila de Noia dun dos seus máis importantes atractivos: o do seu porto, no que historicamente existiu un importante tráfico marítimo de mercadorías.

A devandita escollera fora construída a finais nos anos cincuenta sobre un proxecto inacabado redactado no ano 1946, que permitiría manter constantemente auga en toda a superficie. Por outra banda, esta canle de acceso forma parte das instalacións transferidas ao organismo portuario no ano 1982 e polo tanto Costas do Estado non ten competencias sobre ela, asegura Portos de Galicia en nota de prensa.


Obxectos retirados da ría de Noia por Medio Ambiente no último ano

Que pasa entón co proxecto de rexeneración?

O Estado ía investir case tres millóns de euros para dragar a lama da ría de Noia entre a ponte e o malecón de Gasset. A intención era tirar desa zona ata un metro de profundidade da lodeira. Estas obras ían licitarse nos próximos meses (aínda que, como advertimos sempre en Certo, fíense das datas de palacio e logo non corran) e incluirían as toneladas de rebos retirados deses coídos.

Haberá agardar, de novo, e ver se os técnicos das diferentes administracións se poñen de acordo. Tamén habería que pedirlle explicacións a alguén se estivo a facer un traballo que non era da súa competencia (se o que di Portos sobre que as instalacións dos coídos están transferidas é certo, que facía Medio Ambiente estudando a súa eliminación?). Pero iso aínda iría para máis longo...

 

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Pesca: instan a que as axudas ao sector pesqueiro se relacionen coa creación ou mantemento de emprego


Madrid, 1 de marzo 2010 .- A parlamentaria do BNG no Congreso dos Deputados, Olaia Fernández Davila, ven de presentar unha proposición non de lei pola cal insta ao Goberno Central a que as axudas públicas ao sector pesqueiro estean vinculadas ao mantemento do emprego e a unhas condicións sociolaborais dignas para os mariñeiros.

 

Olaia Fernández Davila denuncia que “nos  últimos anos estase constatando un proceso de substitución de mariñeiros galegos na flota española de palangre de superficie que faena nos caladoiros dos océanos Índico, Atlántico e Pacífico por tripulantes doutras nacionalidades aos que se lles impoñen unhas condicións salariais e laborais indignas”.

 

Ante esta situación, a deputada do BNG ven de presentar unha proposición non de lei pola que insta ao Goberno a vincular as axudas públicas referidas tanto á modernización da flota, á realización de campañas experimentais ou a calquera outra acción ao mantemento do emprego e á existencia de condicións sociolaborais dignas, que se farán constar nas cláusulas para acceder a estas axudas públicas.

 

Ademais, demándalle ao Goberno español que “realice as xestións necesarias ante a Unión Europea para que as axudas do Fondo Europeo da Pesca tamén estean vinculadas ao mantemento do emprego e á existencia de condicións saociolaborais dignas.

 

Asemade, a deputada do BNG pídelle ao Goberno español que lle dea instrucións ás delegacións e oficinas do Ministerio de Asuntos Exteriores para que, de xeito coordinado, controlen e verifiquen os dados dos buques de bandeira española no referido ás condicións de embarque e  contratación de tripulantes, no relativo ás cotizacións á Seguridade Social, salarios, titulacións e xornadas de traballo.


 

Axilización das axudas por paro biolóxico

 

Por outra parte, Olaia Fernández Davila ven de presentar outra iniciativa na que lle esixe ao Goberno Central que cumpra co acordo acadado no Congreso dos Deputados para que se axilice a tramitación das axudas por paro biolóxico.

 

Davila lembra que o 19 de novembro do ano pasado foi aprobada no Pleno do Congreso por unanimidade unha  moción do BNG neste sentido.

 

Sen embargo, a deputada nacionalista denuncia que “o Goberno non cumpriu co acordo da Cámara e ademais no último borrador da Orde de Axudas non se teñen en conta ningunha das cuestións incluídas na moción do BNG” .

 

Ante esta situación, Davila pregúntalle ao Goberno por qué non se reuniu cos representantes sociais do sector do mar para tratar da xestión e tramitación das axudas dirixidas aos futuros paros biolóxicos.

 

No mesmo sentido, pregunta polas razóns polas que o Goberno non tivo en consideración mellorar os mecanismos administrativos que permitan acelerar a tramitación de solicitudes das subvencións, unha vez presentada a documentación correspondente, a fin de evitar demoras.

 

Por último, a deputada do BNG pregunta se o Goberno ten previsto habilitar un sistema que, previa opción do solicitante, permita coordinar a axuda pagada aos tripulantes polo Instituto Social da Mariña (ISM) co desconto do percibido en concepto de prestación por desemprego concorrente, tal e como se recollía na moción do BNG aprobada o 19 de novembro no Congreso dos Deputados.


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Arte: terceira edición do premio "Grabado y Vino"

3.000 euros para o primeiro... Máis información no portal de enoturismo Viajeros del Vino, que fai o dossier "De vinum":
http://www.devinum.com/ficha.php?id=294

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: adxudicados 92.000 dos 200.000 metros cadrados do polígono industrial, en 23 parcelas, case todas da mesma empresa

Prevese o desenvolvemento dun proxecto de gran impacto económico na zona (a Xunta non di cal, pero suponse que é LyC, o mesmo que fixo o Dolce Vita de Coruña, http://www.ccodeon.com, así que nos podemos atopar nun futuro cercano co maior centro comercial de Barbanza, con todas as vantaxes e inconvintes que iso supón)

Rianxo, 1 de marzo de 2010.- O Consello de Administración de Solo Empresarial del Atlántico (SEA, S.L), empresa participada polo Instituto Galego da Vivenda e Solo e que preside Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, adxudicou un total de 23 parcelas do parque empresarial de Rianxo.

En total adxudicáronse máis de 92.000 metros cadrados, que supoñen case a metade da superficie de uso industrial e comercial do parque empresarial, que acada os 200.000 metros cadrados.

A meirande parte das parcelas foron adxudicadas a unha única empresa, que prevé desenvolver un proxecto a medio prazo de gran impacto na zona, especialmente na xeneración de emprego e reactivación económica.

O importe de venda das parcelas adxudicadas supera os 7,5 millóns de euros.

Relacionada:


Polígono industrial de Rianxo: o Bng pide unha nave multifuncional

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Cultura: lanzan Bailabén, un libro con dvd para aprender a bailar pezas tradicionais galegas

Download now or preview on posterous
Bailaben.pdf (889 KB)

E colgaron na Rede as 11 primeiras páxinas... Ben por Edicións do Cumio! Facía falta!

Toda a información en http://www.cumio.com/libro.php?id_libro=545

Vía http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=16393

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: o sábado 6 de marzo, concerto didáctico de Xavier Blanco


Concerto didáctico de Xavier Blanco en Rianxo
Sábado 6 de marzo, 19.30 h.
Auditorio Municipal
Entrada Libre
Organiza Asociación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda de Rianxo
Colabora Concello de Rianxo

flash>

Quen é Xavier Blanco?

Xavier Blanco é traballador do Concello de Moaña como profesor de gaita onde dirixe a Escola Obradoiro de Instrumentos Musicais Tradicionais. Do seu traballo como investigador dan cumprida conta discos como A Gaita de Cana de Moaña, As Gaitas Troncais ou Os Instrumentos Pobres. Neles amosa a riqueza da nosa música tradicional. O seu concerto didáctico é unha mostra deste traballo de recuperación e das súas habilidades expresivas nas que nos permiten ver a un Xavier Blanco que canta e toca diferentes instrumentos e pezas nunha hora e media de auténtico goce para as persoas que se acheguen ao auditorio rianxeiro.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: os do instituto en Islandia, o futuro paraíso dos xornalistas

Moita neve, pode que moito frío, pero aínda así, que envexa! Pode que os de Certo tamén teñamos que ir a Islandia en breve, pero por outros motivos:
http://futurosposiblesimprevisibles.blogspot.com/2010/02/futura-industria-islandesa-la-de-la.html
Máis fotos dos rapaces do IES da Pobra en
http://centros.edu.xunta.es/iespobradocaraminal/galeria/thumbnails.php?album=19

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical