4.9.11

Ribeira: 257 participantes na IX Andaina Popular de Ribeira

Ribeira, 4 de setembro de 2011. A IX Andaina Popular de Ribeira tivo lugar onte, e nela participaron 257 persoas. O primeiro andarín en completar os 50 quilómetros chegou ás 16.15 horas (saíuse ás 9:10) e o derradeiro pasadas as 19.30 horas.


A climatoloxía acompañou todo o día, prestándose ideal para esta actividade tan saudable.Os participantes pasaron por distintos puntos de control e avituallamento nos que se lle ofrecían bebidas, froitas, bocadillos e empanada (esto último só no ubicado no Dolmen de Axeitos -qm. 29-); e ao chegar ao polideportivo de Coroso -de onde se saíra- ademais de todo o anterior ofrecéuselles paella e mexillóns ó vapor. Tamén se sortearon distintos productos cedidos por un establecemento comercial de Ribeira.

O percorrido da andaina constaba de 50 quilómetros (aínda que se podía facer polo tramo "corto" de 36 km.) e levou aos sendeiristas por algún dos lugares máis destacados de Ribeira: Vixán, Sirves, Axeitos (dolmen), Espiñeirido, Tahume,  Balteiro, Moldes, e de volta para Coroso.

Salvo as incidencias típicas desta actividade (ampolas nos pés, calambres, ou falla de forzas) a organización non acusou ningún outro tipo de feito a destacar, salvo a excelente participación e comportamento de tódolos participantes e colaboradores das actividades organizadas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical