17.3.12

Literatura: a novela que gañou o III concurso de novela curta "Cidade Centenaria de Ribeira", en breve nas librarías

Orlando pendurado, de Goretti Fariña, é a novela gañadora do «Premio III Concurso de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira» 2011. A próxima semana chegará ás librarías.

Ribeira, 17 de marzo de 2012. Segundo informou onte no seu web a editorial Xerais, a novela gañadora da terceira edición do certame de novela curta "Cidade Centenaria de Ribeira", "Orlando pendurado", de Goretti Fariña, estará a disposición dos compradores a partir da semana vindeira.

De que vai o libro?

A nove metros do chan e a sete do taboleiro onde escorregara dez minutos antes, o operario Orlando Valiñas planeaba na bruma da mañá. Pendurado dun incómodo arnés, que o unía á vida, pensaba en Alexandra, a compañeira que enchera a súa vida nos tres últimos anos. Orlando preguntábase como identificar os sinais que indican o modo de facer correcto na vida, a maneira de atopar o rumbo preciso para avanzar na boa dirección. Durante aquela situación límite, en boa medida froito do tempo de crise que vivimos, cruzáronselle na súa cabeza as decisións principais da súa vida, xusto cando se verá obrigado a tomar outra que orientará o seu futuro. Con Orlando pendurado, un protagonista argallante que principia namorado e remata furioso, a autora quixo trazar un relato entre existencial e costumista, cun resultado entre piadoso e retranqueiro.

Antes, en Certo:

Convocado o terceiro premio de novela curta "Cidade Centenaria de Ribeira"

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical